18/12/2024
O Festival de Panxoliñas celebra en Barbadas unha nova edición
Será o 26 de decembro, ás 19:00 h, na sala da Casa de Cultura Manuel María.
Agrupacións musicais do noso concello participarán nun festival, onde as panxoliñas serán as protagonistas do repertorio.
- O evento será o próximo día 26 de decembro, con inicio ás 19:00 h, na sala da Casa de Cultura Manuel María.
- Esta será a orde de participación:
-
CORAL SAN MAURO E RONDALLA NOVA XERACIÓN
-
FERREÑAS DO LUSCOFUSCO
-
CORAL AURIA CANTA E CORO DA EMMB
-
VELAÍ VAI
-
CORO AQUA MÚSICA
-
CORAL POLIFÓNICA VOCES E CORDAS
-
PANDERETEIRAS VAGALUMES
-
A entrada será libre ata completar aforo.