06/11/2022

O fútbol de Barbadás vive a 1ª Copa do Rei da historia e o capitán Toño Nespereira completa a súa en tódalas categorías

Deporte en Barbadás

Toño Nespereira Lage, capitán do equipo de fútbol U.D. Barbadás. Campo dos Carrís 03/11/22

O fútbol de Barbadás vive, neste outono, un capítulo inédito na súa historia: tras clasificarse para competir pola Copa do Rei (foi terceiro na Preferente Norte a pasada tempada. Agora é un dos 125 equipos da eliminatoria, e xogará nos vindeiros días o seu primeiro partido contra un equipo da Primeira División, o Real Valladolid.

  • Toño Nespereira Lage é o capitán do U.D. Barbadás dende hai 2 tempadas. Para el,  ese partido será tamén un fito na súa traxectoria deportiva pois completará a participación como xogador en todas as categorías futboleiras posibles da Liga española.

 

  • Lembra ter xogado moitos partidos na liga Rexional Preferente, tamén na que era a Terceira División, contra o Vilalonga, mesmo na que foi Segunda División B contra o Racing de Ferrol, ou na antiga Segunda División A contra o Celta de Vigo (nunha pretempada co C.D. Ourense) e o Depor da Coruña (nunha pretempada co Vilalba).
U.D. Barbadás no campo dos Carrís 03/11/22
U.D. Barbadás no campo dos Carrís 03/11/22
  • “Se xogo contra o Real Valladolid, será meu primeiro partido no que era a Primeira División, e desfrutareino con todo o equipo e a afección, que xa leva días mercando as entradas no campo dos Carrís”, detalla Toño.

 

  • O “capi” leva 5 tempadas xogando no U.D. Barbadás, na Preferente Galega Sur, e antes estivo no equipo de Bande no que tamén foi capitán. “Penso que teño ese papel porque con 32 anos estou entre os veteráns do equipo. Dáseme ben ser a conexión entre adestradores e xogadores. Penso que ás veces sáeme o de ser psicólogo cos compañeiros e sei falarlles tendo en conta as diferentes circunstancias de cada un deles”, engade.

“O bo ambiente é o 50% dun equipo”

  • Segundo o capitán, para que os xogadores sexan un equipo teñen que contar con que “o bo ambiente é o 50% e os adestramentos o outro 50%” así que síntese satisfeito de ser o capitán e contribuír nas dúas metades.

 

Adestramento U.D. Barbadás, nos Carrís. 03/11/22
Adestramento U.D. Barbadás, nos Carrís. 03/11/22
  • No que se refire á eliminatoria, Toño considera que gañarlle ao Lugonesxa foi un soño” . “Agora bromeamos con que despois do partido contra o Real Valladolid xa podemos retirarnos felices”, engade.
O capitán TOÑO NESPEREIRA e xogadores celebran un dos goles marcados no partido contra o Atlético Lugones, hai uns días, na Copa do Rei 2022
  • O equipo do Barbadás está formado por estudantes e traballadores, e “ninguén vive do fútbol, nin sequera o entrenador Agustín Ruiz”. Así que considera que,  “é un luxo” ter a posibilidade que desfrutarán o vindeiro 12 de novembro, ás 16,00 horas.

 

  • O campo dos Carrís non cumplimenta tódolos requisitos da eliminatoria (nin por características do céspede nin pola capacidade de acollida de afeccionados, segundo Toño) así que xogarase no veciño campo do barrio ourensán de O Couto.

 

  • Até ese momento, os integrantes do equipo seguirán cos adestramentos tres días á semana  durante hora e media cada un. E disputarán os partidos dominicais correspondentes (o vindeiro será contra o Castrelos de Vigo).

 

  • “Todos desfrutamos moito como xogadores, e no meu caso, vir entrenar a última hora da tarde despois dunha xornada laboral que comeza ás 6,00 horas, permíteme facer deporte, que é o que máis me gusta. E, nas horas que poidan quedarme libres do traballo, aínda  xogo o pádel, o ping pong ou fago algún outro deporte que requira físico”, subliña Toño.
    Toño Nespereira Lage, capitán do equipo de fútbol U.D. Barbadás. Campo dos Carrís 03/11/22
    Toño Nespereira Lage, capitán do equipo de fútbol U.D. Barbadás. Campo dos Carrís 03/11/22
  • No equipo que xogará contra o Real Valladolid podería estar algún xogador do Barbadás B, a maiores de calqueira do primeiro equipo, e, contará co adestrador Agustín Ruíz, o segundo adestrador “Figo” (Juan Carlos Figueiredo), o preparador físico, Roberto Abad…

 

  • Toño non quere esquecer a ninguén dos que estarán diante do Real Valladolid porque cre que, polo momento “só se pensa en desfrutalo como os demáis partidos” e que será despois cando se decaten do que supuxo ese momento para o equipo.
    “Nin eu nin os demáis sabemos o que será vivir esa experiencia, porque ningún de nós a pasou antes”, resume Toño.

 

  • E quen queira acompañalos nesa vivencia, que apure a mercar as entradas , por se acaso!!

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1729006836

SINGLE.1729006836