12/04/2020
O Goberno Central entrega a Galicia 602.000 mascariñas para entregar a traballadores/as que se reincorporen ao traballo e acudan en transporte público
O GOBERNO DE ESPAÑA ENTREGOU A GALICIA 602.000 MASCARIÑAS QUE SE REPARTIRÁN A PARTIR DO LUNS 13 DE ABRIL ENTRE OS/AS TRABALLADORES/AS QUE SE REINCORPORAN AO SEU TRABALLO
Un cargamento de 602.000 máscaras chega a Galicia para os traballadores que usen transporte público
O Goberno central entregou a Galicia un cargamento de 602.000 mascariñas, que se distribuirán a partir de mañá luns 13 de abril entre aquelas persoas “que teñan que desprazarse para traballar e lles resulte máis complexo manter a distancia de seguridade” ao utilizar o transporte público.
O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.
- Na repartición de máscaras realizarase por parte de efectivos e voluntarios do Sistema Nacional de Protección Civil coa participación das Forzas e Corpos de Seguridade, tanto do Estado como autonómicas e locais.
- O Sistema Nacional de Protección Civil coordínase desde a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior e está integrado por efectivos e capacidades da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Corporacións Locais, entre outros actores.
- A distribución realizarase este luns e martes ou este martes e mércores, en función da finalización do período de Semana Santa nos distintos territorios do país. As máscaras estarán dispoñibles exclusivamente para aquelas persoas que teñan que desprazarse aos seus postos de traballo en sistemas de transporte nos que sexa máis complicado manter a distancia de seguridade
- Esta medida enmárcase dentro da estrita limitación de movementos vixente desde o inicio do estado de alarma e está en consonancia coas prioridades e recomendacións marcadas polo Ministerio de Sanidade, entre as que se recomenda o uso de máscaras para aqueles traballadores que non poidan teletrabajar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que utilizar medios de transporte público cunha importante afluencia de persoas.
- Os 10 millóns de máscaras, adquiridas e xestionadas polo Goberno de España chegaron a España vía aérea o venres día 10 de abril pola noite para a súa repartición por todo o país.
- Onte sábado e hoxe domingo organizáronse os roteiros para a súa distribución e a Delegación do Goberno en Galicia está a coordinar coas subdelegacións do Goberno as partidas correspondentes ao territorio.
- O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, mantiveron na tarde do sábado unha videoreunión con todos os delegados do Goberno para detallar e organizar tanto a repartición por comunidades como o operativo de distribución polos principais nodos de transporte público.
- Na reunión tamén participaron a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea, e o director xeral de Protección Civil e Emerxencias, Leonardo Marcos.
- O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.