19/06/2018
O Inspector
Teatro Muxicas

A unha localidade gobernada por uns políticos corruptos ata a medula chega a noticia de que un Inspector do goberno está na cidade para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudo sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer.
Comezará así unha espiral descendente de submisión cara a ese Inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.
O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actores, na súa maioría invidentes ou con problemas visuais moi graves, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.
Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María
Data: Venres, 22 de xuño
Hora: 20:00 h
Entrada: Libre ata completar aforo