06/04/2020
O luns 6 de abril e o martes 7 de abril a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará ubicada xunto o antigo centro médico

UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ UBICADA NA VALENZÁ OS O LUNS 6 DE ABRIL E O MARTES 7 DE ABRIL
- Ubicación: avenida de Celanova, 84 (XUNTO ANTIGO CENTRO MÉDICO).
- Luns 6 de abril e martes 7 de abril.
- Horario: 9,30 a 14,30h pola mañá. E pola tarde: 15:30 a 21:00h.
- ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos/as enfermos/as ingresados nos hospitais de Galicia.
- A Axencia de Doazón lembra que “o noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias”.
- As persoas que acudan a doar sangue poden amosar a súa tarxeta de doador/doadora de sangue para acreditar o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.
- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a constante colaboración das persoas que colaboran, “vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes”.