06/04/2020

O Ministerio de Sanidade distribúe 1 millón de test de diagnóstico rápido entre as comunidades autónomas

O MINISTERIO DE SANIDADE DISTRIBÚE 1 MILLÓN DE TEST DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO ENTRE AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

  • O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou o domingo 5 de abril que os test rápidos van ser un complemento ás PCR e vanse dirixir especialmente a colectivos vulnerables como as residencias de maiores.
  • Dende o Ministerio de Sanidade asegurase que España vai incrementar de maneira substancial a capacidade de diagnóstico para confirmar ou descartar a presenza do COVID-19 na poboación.
  • O obxectivo do Ministerio de Sanidade é facer o máximo número de test posible ás persoas que teñan síntomas. Cada día realízanse entre 15.000 a 20.000 test diarios, pero é importante aumentar esta capacidade de diagnóstico diario, segundo afirma o ministro.

 

  • A Xunta de Galicia, segundo informa o Delegado do Goberno, recibiu hoxe 58.800 test rápidos.
  • Os test que se distribuirán agora, segundo o Instituto de Saúde Carlos III, teñen unha sensibilidade de máis do 80 % a partir de que a persoa leve 7 días ou máis infectada.
  • A peza clave da estratexia de diagnóstico seguirán sendo os test PCR e o test rápido vai ser un complemento para chegar a un maior número de poboación diagnosticada. Dirixiranse especialmente a hospitais e colectivos vulnerables, como as residencias de maiores.

 

Novas

24/05/2022

Presentación do II Paseo da Saúde

O 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores.

24/05/2022

Lola “Logaro” da Valenzá une a paixón por calcetar pezas como “Louredo” e proyectos internacionais

Lola García Romanelli, comezou na Valenzá os seus talleres de calceta. Hoxe empresaria en "Hilokune" en Ourense.

Emprendemento en Barbadás

24/05/2022

Lista provisional de admitidos e excluidos do Curso 2022-2023 da Escola Infantil Municipal

Lista provisional de admitidos e excluidos do curso 2022-2023 da Escola Infantil Municipal

CONTENT.1653454562

SINGLE.1653454562