20/05/2025

“O MUNDO Ó REVÉS”, pola Aula de Teatro Infantil Barbadás 2025

Mércores, 28 de maio ás 19:00 na Casa da Cultura Manuel María

2025-banner-Barbadás-Aula teatro infantil

A Aula de Teatro Infantil 2025 presenta a obra “O MUNDO Ó REVÉS”.

Sinopse:
O pequeno lobiño sae da súa casa nun descuido da nai. Na súa aventura atópase con outros personaxes e vai aprendendo da experiencia. Cando pasa polo pobo dos humanos cáelle pintura dourada enriba e case todos pensan que é de ouro. O pobriño está tan asustado que non atina nin a decir o seu nome. O conto o revés segue a súa historia da  man das contadoras de contos.

 

Senten, escoiten, imaxinen, e logo aplaudan un montón.

 

Reparto:

Lobiño pardo …………………..GAEL ESPASANDÍN
Lobiño dourado ……………….SOPHIE JULIETTE GUZMÁN
As ovelliñas abusonas
MIGUEL ÁLVAREZ, MARCO SÁNCHEZ e ZOE BEIROA
As piratas boas
MIA SAMPEDRO e YAIZA MOURELO
O príncipe malo ……………… DANIEL FERNÁNDEZ
A meiga fermosa …………….. THAIS ALVES
A osa salerosa ……………….. NOA SAMPEDRO
O monito saltarín …………… GAEL PEÑA
O zorriño listo ……………… ALICIA CANEIRO
As contadoras do conto ……..DANIELLA CARBALLO e CELTIA CAMPO

Coordinación, montaxe e dirección: Francisca Abeledo

 

  • MÉRCORES 28 DE MAIO ÁS 19H.
  • NA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA (A Valenzá-BARBADÁS)

Cultura, Eventos

CONTENT.1768441345

SINGLE.1768441345