24/02/2025
O Museo da Gaita súmase ao Entroido cun obradoiro de construción de mecos

- A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, permitiu dar a coñecer entre os máis novos a tradición dos mecos e a súa importancia nas festividades populares
O Museo da Gaita do Concello de Barbadás acolleu este sábado un obradoiro de construción de mecos dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Durante a actividade, os participantes tiveron a oportunidade de aprender sobre a tradición dos mecos e a súa importancia nas festividades populares. A través dun enfoque lúdico e didáctico, os nenos traballaron con diferentes materiais para deseñar e decorar as figuras que presidirán o Museo durante o Entroido, fomentando así a súa creatividade e participación activa na cultura galega.
O obradoiro non só permitiu aos máis pequenos desenvolver habilidades manuais, senón que tamén serviu como un espazo de convivencia e aprendizaxe no entorno museístico. A iniciativa estivo guiada por expertos, que explicaron o significado dos mecos dentro da tradición do Entroido.
O evento contou cunha gran acollida e permitiu que os nenos se achegasen de forma dinámica ás costumes locais, reforzando o valor do patrimonio cultural galego dun xeito divertido e interactivo.
Difusión, recuperación e mantemento das tradicións
O Museo da Gaita de Fole, ademais de promocionar a música tradicional en xeral e da gaita en particular con visitas guiadas, actuacións musicais e diferentes actividades o longo do ano, tamén realiza múltiples traballos de difusión, recuperación e mantemento das tradicións como é o caso do obradoiro que tivo lugar esta fin de semana.