26/08/2021

“O Nani” da taberna de Sobrado soña noites de fados e bailes

Emprendemento en Barbadás

Hernani Manuel Mote Oliveira, da Taberna do Nani. Sobrado do Bispo
  • Hernani Manuel Mota Oliveira trocou a cidade de Ourense pola aldea de Sobrado do Bispo, hai un ano, para emprender unha nova etapa vital coa reforma do bar, na praza do San Xoán, en maio de 2020 no que espera organizar pequenos concertos, en breve.

 

  • Comezou por recuperalo espazo principal daquel bar e habilitar unha terraza. Así abriu o 17 de xullo de 2020, e dende aquela segue a “aportar espazos e ideas diferentes” do que se normalmente se espera dun bar de aldea.

 

  • “Quería facer un lugar no que aos veciños e visitantes lles apeteza estar, con comodidade e tranquilidade, que se sintan ben nel” .

 

  • Para conquerilo, abriu hai unha semana un novo espazo de “convivencia” no que unha zona infantil comparte a sombra dun gran castiñeiro con un recuncho de sofás e chapas xigantes ilustradas con James Dean, Elvis Presley, Marilyn Monroe e un reloxo que o propio Nani creou con unha chapa e con un motor.

 

  • Agora xa ten completa a taberna con espazos para xantar, descansar, xogar en cama elástica, un castelo inchable e bambán. Alí podes tomar café, unhas copas cara a noite, ver televisión, escoitar música… E nuns días terá unha cociña máis grande, e poderá preparar, a maiores da “comida para levar”, unhas tapas variadas e un “prato do día”.
Hernani Manuel Mote Oliveira, da Taberna do Nani. Sobrado do Bispo
Hernani Manuel Mote Oliveira, da Taberna do Nani. Sobrado do Bispo.
Foto: Rosa Veiga

 

Chegará a Sobrado música en directo

  • A cabeza de Nani nunca parou. Criouse na cidade de Ourense con outros 8 irmáns. Fillo dun traballador da construción que estivo no equipo que levantou o “edificio Viacambre” o a vella residencia sanitaria na cidade, mentres a súa nai traballaba nas “galerías Babarro”, que era o  nome que tiña a zona de tendas instaladas arredor da alameda de Ourense, fronte a praza de abastos.

 

  • “Eu estudei dende os 5 anos até os 17 en Bemposta e aparte traballei, por un salario, na panadería, na gasolineira e na carpintería daquel recinto rexentado polo Padre Silva, onde tamén estiven no circo ca troupe e nos rulos”, detalla Nani.

 

  • Despois marchou ao veciño país luso onde viviu durante anos, e as circunstancias familiares déronlle pulo para volver a cidade na que pasou a infancia. “Traballei en Ourense en transportes e mudanzas, pero cando souben deste local en Sobrado, vinlle moitas posibilidades e foi agradábel comprobar que as fiestras de madeira que atopei nela, fixéronse na carpintería de Bemposta hai 50 anos”, engade.

 

  • Dos anos no circo quédalle tamén a habilidade para os malabares que xa amosou a algún grupo de amigos na taberna, como sorpresa… e promete mellorar.

 

  • O proxecto que comezou en 2020 rematará coa chegada da música en directo, en canto o permitan as circunstancias da pandemia. Nani xa pensa en ter “noites de fados” e outras músicas, e os nomes de cantautores e grupos posibles comezan a formar xa un listado.

 

  • E despois de todo iso… poderían vir novas ideas, como a de preparar un espazo, tipo nave, para actividades variadas e baile durante a fin de semana… pero iso será outra historia

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1730547502

SINGLE.1730547502