20/09/2024

O Paseo da Saúde reúne a 14 asociacións para reivindicar a importancia do seu apoio a persoas con diferentes enfermidades

Aínda que pasado por auga, o Paseo da Saúde acudiu a súa cita coa veciñanza de Barbadás por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión con 14 asociacións. Unha representación do goberno local, coa tenente alcalde Victoria Morenza e os concelleiros Daniel Rey, Ana Peleteiro e a próxima concelleira Noemí Pintos,    acompañados polo xefe territorial de Política Social da Xunta de Galicia en Ourense, Santiago Álvarez, fixo un percorrido por cada unha das carpas, escoitando tamén a cada unha das asociacións para coñecer o seu traballo e as súas necesidades.

Esta iniciativa, o Paseo da Saúde, é sobre todo un paseo de realidade, pois amosa a cantidade de xente da provincia que afronta diariamente situacións de máxima dificultade, pero tamén a importancia de todas estas asociacións para prestarlles apoio, asesoramento e coidados.

Así, na edición deste ano estiveron Afaor (alzheimer), FF.OO. (fibromialxia), Asesia (saúde emocional na infancia e adolescencia), ACEGA (celíacos), TEA (autismo), AECC (cáncro), DCA (dano cerebral adquirido), AODEMPER (esclerosis múltiple, párkinson e enfermidades raras), ACCOU (crohn e colitis ulcerosa), Alcer (enfermidades renais), Asociación diabética Auria, ONCE, ASGACOP (covid persistente) ou propio Concello de Barbadás, a través de Centro de Información á muller.

A iniciativa deste ano serviu para poñer en valor algunhas das iniciativas nas que Barbadás é un concello pioneiro en Galicia, como nas axudas as persoas celíacas ou ás enfermas de crohn ou colite ulcerosa, que gozan dun permiso para estacionar mesmo en lugares prohibidos durante un breve espazo de tempo para atender a súas necesidades fisiolóxicas.

O goberno local, a través da súa tenente alcalde, Victoria Morenza, avogou por seguir apostando e expandindo esta iniciativa, que axita conciencias y facilita un escaparate asociacións que desenrolan unha labor totalmente altruísta de axuda a unha parte importante, e especialmente sensible, da poboación.

Con motivo do Paseo da Saúde, a Garda Civil e a asociación TEA (autismo) aproveitaron para presentar a primeira carreira solidaria da benemérita en Ourense, que terá lugar o próximo día 6 de outubro, o fin de semana previo a festividade do Pilar, e partirá da Praza Maior. A proba, que se poderá completar correndo ou andando, terá unha finalidade solidaria, indo a parar a recadación (10 euros por adultos, gratis para nenos e nenas) á antedita asociación.

 

Novas

12/10/2024

As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final

12/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Culturais do Concello de Barbadás

2024-Banner-Subvención asociacións culturais - concello de Barbadás

Prazo de presentación, 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

11/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás

2024-Convocatoria de Subvención asociacións veciñais - 2024 - concello de Barbadás

Presentación de solicitudes: 20 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

CONTENT.1728858275

SINGLE.1728858275