15/10/2021

O perruqueiro José Andrés anima a deixarse bigote na Valenzá polo “Movember”

Emprendemento en Barbadás

José Andrés, perruqueiro Barbadás
  • José Andrés Montero Masa traballa como perruqueiro dende os 15 anos e leva 16 sendo seu propio xefe na Valenzá. Dende a súa Peluquería JM  anima a deixarse bigote como “forma de concienciar de que los hombres padecen y mueren de cáncer de próstata y de testículos”, nun movemento mundial coñecido como “Movember”  que  cada mes de novembro, dende 2003, recada fondos para investigación e atención a persoas con esas doenzas.

 

  • Cando abriu o local de Barbadás, facía debuxos co corte de pelo e levábanse os pelos de cores. “Ahora parece que entra nostalgia y estamos en una época de todo vintage, y ofrecemos gominas para colorear el pelo y hacemos muchos tupés y tratamientos que cuidan las barbas largas”, relata.

 

Fillo, afillado e sobriño de barbeiros

  • Jose deixou os estudos con 15 anos para adicarse a profesión de barbeiro. Para elo cursou Formación Profesional en Ourense e pasou unha etapa de aprendiz co seu tío Avelino García, o barbeiro das galerías Roma de Ourense. Lembra que estudaba e traballaba a un tempo.

 

  • Outro dos seus tíos foi Pepe, o barbeiro das galerías do parque de San Lázaro, e mesmo o seu pai, José Montera, traballaba na barbería París, cerca da Praza Maior de Ourense, xunto co seu outro tío Pepe “o xefe da París”, tal como se lle coñecía daquela.

 

  • A súa familia paterna é de Barbadás, e emigrou a Venezuela onde naceu José Andrés, e onde seu pai xa era barbeiro en Caracas. Tamén alá traballaron de perruqueiras a súa madriña Asunción e a irmá desta, Herminia.

 

  • Cando abriu local propio na Valenzá, José Andrés xa tiña experiencia polo seu traballo en 5 perruquerías dos barrios de San Francisco, O Couto e mesmo na Valenzá, así que contou con clientela propia dende o comezo.

 

  • “Aparte de atender a nuestros clientes del barrio, parece que nos vamos especializando, sin querer, en novios e invitados a bodas, que son clientes no habituales, procedentes de toda la provincia, para que hagamos algo especial con su pelo y su barba para ese día”, explica.

 

  • A todos lles fai un traballo personalizado que,  no caso de barbas longas como a que el mesmo loce, pode ser baños de vapor para a cara, lavado con champú específico, aceites suavizantes, ceras, peiteado de bigote…
José Andrés Montero, perruqueiro JM – A Valenzá 14/10/2021  -foto Rosa Veiga

Non depilación, si tatuaxes

  • Na continua evolución da súa barbería, José cambiou o servizo de depilación masculina polo de tatuaxe, que corre a cargo do seu amigo Delio, da Estrada (tatuador  fillo do que fora socio do seu pai na barbería de Caracas).

 

  • “Entre los tatuajes que piden a Delio hay dibujos que tienen que ver con el trabajo del cliente y otros con su familia, y es habitual que se tatúe el nombre de un hijo o hija , o la plantilla de su pie cuando es recién nacido; también piden el retrato de un abuelo o el de una mascota”, detalla.

 

  • O seu local sigue así a moda chegada de Estados Unidos de combinar “perruquería e tatuaxe”, en gabinete independente, e procura actualizarse continuamente, segundo explicou, cunha viaxe a Madrid e ás súas barberías, polo menos unha vez ao ano, cadrando co anual “Salón Internacional de la Imagen y la Estética integral” no pavillón IFEMA , que este ano comezará  o vindeiro 22 de outubro.

 

  • “También me pongo al día en Porto, donde las barberías permanecen en estado puro y tienen mucho que enseñarnos, así que voy siempre que puedo” agrega.

 

Barbas e máscaras lévanse mal

  • Como usuario e perruqueiro habituado a tratar barbas, Jose explica que as máscaras fixeron moito dano. As barbas longas sufriron e racharon así que moitos homes preferiron cortalas.

 

  • “Espero que en breve, cuando podamos vivir sin ese complemento de los últimos dos años, los hombres se animen a lucir otra vez los pelos largos en la cara, tal como escogen, cada vez más, los que tienen entre 25 y 40 años”.

 

  • O seu traballo percorre tódalas idades, dende os nenos menores de 10 anos que piden “pelos de colores”, pasando polos mozos de 10 a 30 anos que queren “cortes degradados desde cero, sobre las orejas, hasta un 2, más arriba”, os que teñen pelo e barba entre os 25 e 40 anos e os que superan os 40 e queren corte de pelo moi coidado, tupés…

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1736884551

SINGLE.1736884551