18/05/2020
O prazo de renovación ou inscrición para a Escola Infantil Municipal de Barbadás abrirá entre os días 18 e 29 de maio

O PRAZO DE RENOVACIÓN E INSCRICIÓN DE ALUMNADO PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS ESTARÁ ABERTO ENTRE OS DÍAS 18 E 29 DE MAIO
É preciso solicitar cita previa para o Rexistro nos teléfonos 988 36 00 00 ou 988 39 31 68.
Para o pago o sistema é realizar o abono a través do sistema TPV ou por transferencia bancaria
- A Escola Infantil Municipal de Barbadás abre o prazo de renovación e inscrición entre os días 18 e 29 de maio.
- As persoas que realicen os trámites de renovación e matrícula deben cumplimentar os 2 impresos que se adxuntan nesta noticia impreso de renovación e impreso de matrícula. A renovación de prazasestá destinada ao alumnado matriculado na escola infantil durante o curso 2019-20.
- O impreso INSCRICIÓN (tamén se adxunta este documento) sería para as novas inscriciónsde nenos/as que non están matriculados na escola durante o curso 2019-20.
- Instruccións para presentar a documentación:
- Os impresos correspondentes (renovación e matrícula e inscrición) deben presentarse cumprimentados.
- As persoas que formalicen a renovación/matrícula ou a inscrición deben traer toda a documentación precisa
- É preciso solicitar cita previa para o Rexistro nos teléfonos 988 36 00 00 ou 988 39 31 68.
- Nas solicitudes debe indicarse se solicitan xornada completa ou media xornada, horario, situación sociofamiliar, tipo de enfermidade ou discapacidade (se procede) ou situación laboral familiar.
- Entre a documentación que hai que presentar figura:
- Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e se é o caso, dos representantes legais.
- Fotocopia compulsada do libro de familia ou outro documento que acredite a situación familiar.
- Folla de empadroamento do neno/a ou certificado de empresa conforme o titor do neno/a traballe en este termo municipal.
- Renda do ano 2018 ou certificado de facenda no caso de non tela feita.
- Desemprego con prestación economica.
- Aportar certificación de demanda de emprego, con efectos do día anterior da apertura do prazo de presentacion da solicitude, no caso das solicitudes fora de prazo con efectos do día anterior ó da presentacion.
- Fotocopia cotexada do título de familia numerosa, só no caso en que non sexa expedido pola comunidadex autónoma de galicia.
- Certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez alegada polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola comunidade autónoma de galicia.
- Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
- Informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da vicepresidencia da igualdade e do benestar, servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas, sobre a necesidade de integración no caso de nenos/as con necesidades de apoio específico.
- Documentación acreditativa de incidencias: separación, abandono do fogar, maltrato, etc.
- Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta dex acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
- Certificado de convivencia solamente si é monoparental.
RENOVACION GARDERÍA CURSO 2020-2021