20/01/2021
O Sergas efectuará un cribado en Barbadás para detectar casos de covid

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE REALIZARÁ UN CRIBADO EN BARBADÁS O DÍA 21 DE XANEIRO ENTRE AS 15,30 E AS 21,30
Serán citadas 2.000 persoas do concello de Barbadás para efectuar probas PCR (Reacción en cadea da Polimerasa) e test de antíxenos a través de unha mensaxe de texto que recibirán no teléfono móbil
O polideportivo da Valenzá será o lugar onde se realicen as probas e test
- Un total de 2.000 persoas do concello de Barbadás serán citadas a través de mensaxes de texto que recibirán nos seus teléfonos móbiles que constan na ficha de cada usuario/a, na que se lles indica a hora e lugar ao que deben dirixirse.
- O obxectivo é limitar a transmisión e detectar os casos asintomáticos.
- Os resultados coñeceranse os vindeiros días e notificaranse os negativos vía SMS e os positivos directamente dende o Centro de Saúde.
- Efectuaranse 1.250 probas PCR e 750 para test de antíxenos.
- As probras e test só se practicarán única e exclusivamente ás persoas citadas.
- O horario para practicar estas probas será de 15,30 horas a 21,30h no polideportivo municipal da Valenzá.
- O obxectivo deste tipo de probas é protexer a saúde das persoas e parar a transmisión do virus para salvar vidas.
- Na organización do cribado participarán, ademais do persoal sanitario do Sergas, policía local, Protección Civil, persoal do polideportivo e operarios/as municipais.
- Para que o cribado resulte realmente eficaz, é preciso que todas as persoas citadas vía SMS acudan a realizar as probas.
- Rogamos á cidadanía seleccionada que pensen que a maior contribución que poden facer para frear a pandemia é acudir ao pavillón municipal á hora indicada.