28/05/2024

Obra “Miles Gloriosus” de TEATRO MUXICAS da ONCE Ourense

Domingo, 2 de xuño de 2024 ás 19:30 h

2024-Banner-Barbadás-Miles Gloriosus representación teatral

O próximo domingo, 2 de xuño, ás 19:30h, teremos na Casa de Cultura Manuel María, a representación teatral a cargo do Grupo Teatro Muxicas da ONCE Ourense, que nos vai representar a obra: “Miles Gloriosus”

 

Sinopse:

Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante os próximos catro anos. Non todo o mundo está dacordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto.

Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, intentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun burato feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.

Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Muxicas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente nos nosos días. Nunca a política dera tanto espectáculo.

Evento: Teatro.

Idade: Recomendado a partir dos 12 anos en adiante

Día: Domingo, 2 de xuño de 2024

Hora: 19:30 h

Lugar: Sala Casa da Cultura  Manuel María – A Valenzá – Barbadás

Entrada con invitación que poderán recollerse na mesma Casa da Cultura

Organiza: Concellería de Cultura

2024-Barbadás-Obra Miles Gloriosus (1)

Cultura, Eventos

CONTENT.1719000159

SINGLE.1719000159