17/08/2021
Obradoiro “Como obter por ti mesmo/a o teu certificado COVID”
Apoio á Cidadanía para Trámites En Liña e Administración Electrónica

- O Centro Empresarial Transfronteirizo, organiza o Obradoiro “Como obter por ti mesmo/a o teu certificado COVID”, incluido no programa de Apoio á Cidadanía para Trámites En Liña e Administración Electrónica do Concello de Barbadás.
- Consistirá nunha sesión formativa, para aprender a emitir o Certificado Covid Dixital da Unión Europea que acredita que:
- Foise vacinado/a contra a COVID-19, ou
- Ter realizada unha proba diagnóstica de SARSCoV2 cuxo resultado foi negativo, ou
- Estar recuperado/a da COVID-19.
- Poderán acudir todas as persoas que estean interesadas independentemente da súa formación ou idade.
- É preciso inscribirse previamente, no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, chamando ao 988360413, en horario de 9:00 a 14:00 h. Prazas limitadas.
- O obradoiro, terá lugar o próximo xoves, 19 de agosto, de 11:00 a 13:00 h., nas instalacións da Casa da Mocidade (Rúa dos Diestros, 2 – A Valenzá – Barbadás).