16/01/2026

Obradoiro de elaboración dos MECOS do Entroido

Sábado, 24 xaneiro 2026 de 16:30 a 19:30 h, no Museo da Gaita

2026-Banner-Barbadás-obradoiro Mecos Entroido
  • O Museo da Gaita de Fole acollerá un obradoiro para elaborar os Mecos do Entroido

A actividade organizada pola Concellería de Turismo, terá lugar o  sábado, 24 xaneiro 2026 de 16:30 a 19:30 h.

Está dirixida a público infantil de 4 a 12 anos, que participarán na elaboración dos Mecos do Entroido cunha dobre finalidade:

  • Por unha banda,  estimular a  creatividade e os traballos manuais
  • e por outro lado, aprender sobre a tradición do Entroido do noso municipio

 

A inscrición previa poderase realizar enviando un correo ao  enderezo electrónico museodagaita@barbadas.gal ou no teléfono 988360413.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Eventos, Turismo

CONTENT.1770945517

SINGLE.1770945517