11/05/2023
Obradoiro de Horta Re-circular
A Concellería de Promoción Económica có fin de fomentar a economía circular organiza un obradoiro de Horta Re-circular.
Aproveitando os refugallos domésticos as persoas participantes, usarán envases ou obxectos de productos que se consumen nos fogares, para darlle unha segunda vida; transformándoos en soportes de cultivo de prantas para a horta, o xardín ou o fogar, como poden ser semilleiros, macetas,refuxios de fauna ou repelentes de pragas.
Este obradoiro será de carácter interxeracional e poderán asistir persoas de todas as idades a partir de 6 anos.
Data: venres 2 de xuño
Hora: De 16:30h a 20:30 h
Lugar: Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás
Inscricións: no teléfono 988 360 413