20/10/2025

Obradoiro de narración infantil con Inma Soto

Xoves 23 de outubro, ás 18:00h. na Biblioteca Municipal.

Narración con Inma Soto - Xela - Barbadás

A Biblioteca Municipal vai celebrar o Día da Biblioteca, e para elo contamos coa narradora INMA SOTO que trae narración “XELA, AVENTURA NA FRAGA”, será este xoves 23 de outubro, ás 18h. na Biblioteca Municipal.

“Xela, aventura na fraga” é un conto para mergullarse no outono. A protagonista convida a unha aventura para espertar a sensibilidade e apego polo mundo que nos rodea.
“Un inesperado suceso na casa da protagonista motiva a Xela a saír na procura de respostas; polo camiño atopa plumas, pegadas e cacas de animais que conducen á resolución deste misterioso caso. Cara o desenlace da historia, ademáis de mostrarlles as características da fauna galega, aprenderán a ollar á natureza como se elas e eles tamén formasen parte”

Inscricións: biblioteca@barbadas.es
indicando nome, idade e teléfono de contacto.
Idades: de 5 a 9 anos.
Prazas limitadas.

Organiza: Concellería de Cultura

 Narración de Inma Soto

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1771470851

SINGLE.1771470851