22/03/2025
Obradoiro de XOGOS de MESA
Xoves, 27 de marzo ,17:30 h, Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Barbadás continúa desenrolando diversos e divertidos obradoiros.
O próximo será o xoves, 27 de marzo, e leva por título “OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA”
Consistirá nunha sesión lúdica de xogos de mesa que permitan, dunha forma distendida, aprender sobre a Biblioteca e a Cultura.
Para inscribirse é necesario mandar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@barbadas.es, indicando nome do neno/a, idade, e un número de teléfono de contacto, por se houbera algunha incidencia que trasladar ao pai/nai/titor/a.
- Día: xoves, 27 de marzo de 2025
- Hora: 17:30 h
- Lugar: Biblioteca Municipal. Casa de Cultura Manuel María
- Idades: De 6 a 9 anos
- Prazas limitadas.
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Barbadás