15/11/2021
Obradoiro Humor e machismo, dirixido á mocidade
Mais información, CIM Barbadás 988222251

Actividade dirixida aos mozos e as mozas a partires de 14 anos. Trátase dun obradoiro de carácter lúdico e práctico para analizar a transmisión de condutas machistas a través do humor e traballar deste xeito a socialización audiovisual entre a mocidade, co obxectivo de xerar un debate acerca do humor machista, saber identificar quen o executa hoxe en día e demostrar como está presente nos/as referentes da súa xeración, ofrecendo unha visión crítica dos seus ídolos, así como do contido de internet e das redes sociais coa finalidade de debater sobre os límites do humor e o seu contexto social
Lugar: Casa da Mocidade
Hora: de 17:00 a 20:00h