29/03/2022
Obradoiro na Biblioteca de Barbadás para conmemorar o Día Mundial do Teatro

OBRADOIRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARBADÁS: “Actores/actrices por un día”
Mércores 30 de marzo ás 18,00 horas
Con motivo do Día Mundial do Teatro
- O vindeiro mércores 30 de marzo ás 18h, na Biblioteca Municipal de Barbadás, levaremos a cabo o Obradoiro “actores por un día” para celebrar o Día Mundial do Teatro.
- A actividade estará dividida en varias partes.
- En primeiro lugar realizaranse xogos de mímica e sons.
- Despois levarase a cabo unha manualidade de teatro de sombras na que os cativos se levarán para casa o monicreque que fagan.
- E, por último, os/as nenos/as participantes poñerán en escea a obra “Freedom” da autora Yanett Mora.
- A actividade está dirixida a nen@s de 7 a 10 anos.
- Inscricións no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es. Indicar: nome, idade e número de teléfono.
- Organiza: Concellaría de Cultura