16/03/2021
Obradoiro no Centro de Información á Muller de Barbadás para abordar medos, estrés e ansiedades

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE BARBADÁS ORGANIZA PARA OS DÍAS 18 E 25 DE MARZO UN OBRADOIRO PARA ABORDAR MEDOS, ESTRÉS E ANSIEDADES
Para participar neste obradoiro hai que inscribirse no email cimbarbadas@gmail.com ou no teléfono 988 22 22 51
- O obradoiro “Ven ventilar! Os recursos que tes. Medos, estrés e ansiedades”é una iniciativa pensada dende o Centro de Información a Muller, CIM, de Barbadás.
- Esta iniciativa ten como finalidade ofrecer un espazo no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles, no que compartir recursos para o manexo das emocións, en concreto do medo, do estrés e da ansiedade.
- O obradoiro parte da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade.
- A concelleira de Igualdade de Barbadás, Elisabet González Nistal, explica que na actividade “traballarán coa idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis a gusto”.
- “En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambiar saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade”, sinala González Nistal.
- Dende o Centro de Información á Muller de Barbadás sinalan que con este tipo de obradoiros “preténdese tamén, achegar nocións para entender estes estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional”.
- Dende o CIM destacan que este obradoiro “é unha oportunidade para parar, escoitar e observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable”.
- O obradoiro será o xoves o xoves día 18 e 25 de marzo das 10 ás 12.30h no CIM barbadás, na Praza de San Antón, no edificio do antigo centro médico desta localidade.
- Se queres participar ou plantexar dúbidas ou precisas máis información chámanos 988222251 ou escríbenos: cimbarbadas@gmail.com.