29/09/2021

Obradoiro Vente encontrar!

Se te animas, vémonos o martes 5 de outubro ás 10.30hs.

Se aínda non te achegaches por aquí, animámoste a participar no vindeiro obradoiro, o martes día 5 de outubro das 10.30 ás 13 horas:

“Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles e no que intercambiar recursos para o manexo das nosas emocións.

Partimos da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade. Tamén partimos da idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis agusto. En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambio de saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade.

Queremos tamén, achegar nocións para entender estes e outros posibles estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional.

Unha oportunidade para parar, escoitar, observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable.

 

Esta actividade é aberta e lévase a cabo cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13 horas.

Comezamos o martes día 4 de maio e continuamos este martes día 5 de outubro, no local da AAVV de Barbadás, na rúa dos Fornos.

Se tes interese en participar ou precisas máis información, chámanos ao 988 222 251 ou escríbenos a este mesmo enderezo de email: psicoloxia.cim@barbadas.gal, facilitándonos o teu nome e contacto telefónico para confirmarche a participación.

Agardamos que sexa do teu interese e que axudes a difundir entre os teus contactos.

Lembra que o aforo é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa.

 

 

Moitas gracias e bo comezo de outono!

CIM-Centro de Información á Muller, Cursos, Igualdade

CONTENT.1711701791

SINGLE.1711701791