04/05/2021

Obradoiro: “Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”

Será cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13horas.

Obradoiros CIM
  • Despois da boa acollida que tivo o obradoiro de marzo, animámonos dende o CIM de Barbadás a repetir!

 

  • Polo que te convidamos a participar no vindeiro obradoiro: “Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles, no que intercambiar recursos para o manexo das nosas emocións.

 

  • Partimos da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade. Tamén partimos da idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis agusto. En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambio de saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade.

 

  • Queremos tamén, achegar nocións para entender estes e outros posibles estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional.

 

  • Unha oportunidade para parar, escoitar e observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable.
Será cada 1º martes do mes, das 10.30 ás 13horas.
  • Comezaremos o martes día 4 de maio, no local da AAVV de Barbadás, na rúa dos Fornos.

 

  • Se tes interese en participar ou precisas máis información, chámanos ao 988 222 251 ou escríbenos a igualdade@barbadas.gal
  • Lembra que o aforo é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa.

 

  • Agardamos que sexa do teu interese e que axudes a difundir entre os teus contactos.

 

Se te animas, vémonos o martes día 4 de maio ás 10.30hs.

CIM-Centro de Información á Muller, Eventos

CONTENT.1728680796

SINGLE.1728680796