19/01/2024

Obradoiros de entroido – Museo da Gaita

Dentro da programación do Museo da Gaita de Barbadás para o Entroido 2024, vanse organizar dous obradoiros.

Obradoiro de MECOS:

Sábado 27 de xaneiro . De 17:00 h a 20:00 h no Museo da Gaita

Dirixido a familias.

Cada persoa participante deberá achegar  material para facer o meco; trátase de facer uso das cousas que temos na casa e reciclalas.

Obradoiro de GORROS DE LABARDEIROS:

Venres 2 de febreiro. De 17:00 h a 20:00 h no Museo da Gaita

Dirixido a nenos e nenas.

Para este obradoiro cada participante achegará o seu material

Para cada obradoiro as prazas son limitadas.

Inscricións no 988 360 413 ou no museodagaita@barbadas.gal

Eventos, Turismo

CONTENT.1718360427

SINGLE.1718360427