20/01/2023
Obradoiros de entroido – Museo da Gaita

Dentro da programación do Museo da Gaita de Barbadás para o Entroido 2023, vanse organizar dous obradoiros.
Obradoiro de MECOS:
Sábado 28 de xaneiro . Ás 17:00 h no Museo da Gaita
Cada persoa participante deberá achegar o seu propio material para facer o seu meco. Trátase de facer uso das cousas que temos na casa e reciclalas para elaborar o meco.
Obradoiro de MÁSCARAS:
Sábado 4 de febreiro. Ás 17:00 h no Museo da Gaita
Para este obradoiro non fai falta achegar material
Para cada obradoiro as prazas son limitadas.
Inscricións no 988 360 413 ou no cet@barbadas.es