09/10/2023

Obradoiros de PROCURA DE EMPREGO

Inscricións no 680344873 ou en aulamentor@barbadas.es

Obradoiros de Procura de Emprego - Aula Mentor - Barbadás -

A AULA MENTOR do Concello de Barbadás, organiza para outubro e novembro deste ano 2023,  obradoiros para axudarte no teu proceso de procura de emprego, para confeccionar ou actualizar o teu curriculum e para prepararte para as túas entrevistas de traballo.

 

As datas en que se levarán a cabo os obradoiros programados, serán:

  • Obradoiro PROCURA DE EMPREGO: Xoves, 19 de outubro, ás 16:30h.

 

  • Obradoiro CURRICULUM VITAE: Xoves, 26 de outubro, ás 16:30 h

 

  • Obradoiro ENTREVISTA DE TRABALLO: Xoves, 9 de novembro, ás 16:30 h

 

As sesións desenvolveranse en

A TÚA AULA MENTOR
AULA TECNOLÓXICA PARQUE DA SOLAINA
A VALENZÁ – BARBADÁS

HORARIO de atención ao público de AULA MENTOR:
De luns a venres 9:30 – 14:00 h e 16:00 – 19:00 h

  • Se estás  a buscar emprego ou queres optar a outras ofertas dispoñibles no mercado laboral, non dubides en inscribirte no 680344873 ou enviando un correo a aulamentor@barbadas.es

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Cursos, Educación/Formación

CONTENT.1714050543

SINGLE.1714050543