13/06/2022

Obradoiros sobre prevención de accidentes domésticos

Programa "Prevención é Saúde" da Concellería de Sanidade do Concello de Barbadás

Obradoiros sobre prevención de accidentes domésticos - Concello de Barbadás
  • A Concellería de Sanidade, como continuación ás actividades que se veñen desenvolvendo no Concello de Barbadás dentro do programa PREVENCIÓN É SAÚDE, organiza uns obradoiros sobre PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DOMÉSTICOS, que se realizarán durante este mes de xuño, nos distintos locais sociais do concello.

 

  • As datas e lugares previstos son:
    • 16 de xuño, ás 18:30 h, no local social FONVAL (A Valenzá)
    • 17 de xuño, ás 18:30 h, no local social de BENTRACES
    • 20 de xuño, ás 18:30 h, no local social de LOIRO
    • 21 de xuño, ás 18:30 h, no local social FIDALGUIÑO de Sobrado do Bispo
    • 22 de xuño, ás 18:30 h, no local social da FINCA FIERRO
  • Imparte, persoal de Protección Civil do Concello de Barbadás.
  • Proximamente, informarase de datas e lugares onde se levarán a cabo máis obradoiros sobre esta temática.

 

Obradoiro Prevención accidentes domésticos _ Concello de Barbadás    

 

Eventos, Participación cidadá, Sanidade, Servizos sociais

CONTENT.1711617694

SINGLE.1711617694