04/02/2023

Reforma do Parque de As Lamas coa dotación de pavimento contínuo de caucho

Obra executada. (Área de Urbanismo)

Parque infantil de As Lamas

O CONCELLO DE BARBADÁS MELLORA O PARQUE INFANTIL DE AS LAMAS

A reforma consistiu na aplicación de pavimento contínuo de caucho

A intervención tivo un orzamento de 16.307 euros

  • O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Obras e Urbanismo, promoveu a reforma do parque infantil do pobo de As Lamas.

 

  • A reforma consistiu na aplicación de pavimento continuo de caucho. Estas obras de mellora implican un aumento da seguridade no parque.

 

  • O orzamento das obras ascendeu a 16.307 euros e supón unha nova actuación enmarcada na planificación de mellora de parques infantís iniciada en 2015.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca esta reforma “nas Lamas por tratarse de un núcleo onde existe unha importante poboación infantil, tendo en conta que a cercanía á Valenzá e a súa ubicación soleada resulta atractivo para as familias e principalmente para a poboación infantil”.

 

  • A concelleira de Obras e Urbanismo, Victoria Morenza, indica que “este tipo de reformas pretende introducir o pavimento contínuo de caucho na maior parte dos parques infantís porque é un sistema que redunda na seguridade e na comodidade deste tipo de áreas de recreo”.

 

  • Morenza resalta ademais o esforzo do goberno de Barbadás nos últimos 8 anos na mellora de parques infantís de todo o Concello: Piñor, Parada, A Valenzá, Finca Fierro, Bentraces, Barbadás, ou Sobrado”.

 

  • Morenza anunciou que está previsto ademais efectuar reformas nos parques infantís de Os Amieiros, onde se cubrirán ambas áreas, no Fonsillón, no parque público da rúa do Viso ou en Sobrado.

Novas, Urbanismo

28/03/2023

Barbadás e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil firman o protocolo para recuperar O Camiño dos Muíños e a Fervenza do Pisco

A CHMS cofinanciará as actuacións necesarias para a recuperación e mellora ambiental, cun investimento estimado de 500.000 euros que serán sufragados entre ambas Administracións na porcentaxe que se acorde no Convenio

28/03/2023

Barbadás recoñece a voluntarios, traballadores, institucións e empresas na loita contra a pandemia co Paseo da solidariedade

Xosé Carlos Valcárcel: “É a nosa forma de agradecer, como pobo, a entrega das persoas que demostraron abnegación e solidariedade nun momento crítico”

28/03/2023

Listado admitidos-as Campamento de Semana Santa 2023

CONTENT.1680018617

SINGLE.1680018617