12/05/2022
Oferta de campamentos e campos de voluntariado da Campaña de Verán 2022 da Xunta de Galicia

Iníciase a Campaña de Verán 2022 da Xunta de Galicia con actividades para os meses de xullo, agosto e setembro.
O prazo de solicitude para os campamentos e os campos de traballo empezará o mércores 18 de maio.
1. CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.
Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.
2. CAMPOS DE VOLUNTARIADO
Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboracion con concellos e entidades, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autonomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2022 un total de 675 prazas en 45 campos de voluntariado (incluíndo as catro quendas nas Illas Cies) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás 79 para mozos e mozas galegos en campos doutras comunidades autonomas e ás 57 no estranxeiro, dado que neste 2022 recupérase a mobilidade internacional.
Neste programa pode participar a mocidade de 18 a 30 anos.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.
Consulta aquí toda a información dos campos de voluntarido, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.