20/12/2018

Open Benéfico de Scalextric

O CAMPIONATO DE SCALEXTRIC DE BARBADÁS REÚNE A PRETO DE 90 PARTICIPANTES

O clube Mangallo slot, organizador do evento, ten as súas instalacións na Finca Fierro

  • O circuito que o clube Mangallo Slot instalou nun local da Finca Fierro, na traseira da rúa Milladoiro, é un dos máis grandes de España.

 

  • O sábado día 22 celébrase a segunda edición do Open Benéfico Piel de Mariposa.

 

  • Preto de 90 persoas procedentes de diferentes puntos de España e de Portugal están inscritas no campionato que se desenrolará ao longo de todo o día.

 

  • Ao longo da xornada emitiranse videos e distribuiranse folletos sobre esta enfermidade e os fondos recadados serán destinados á asociación “Debra Piel de Mariposa”.

 

  • O open terá un formato de “rallye”con 5 voltas e 6 tramos cronometrados realizados con pista Ninco, explica Javier Lima.

 

  • As probas comezarán ás 9,30 horas do sábado día 22 e desenrolaranse durante todo o día de xeito ininterrumpido.

 

  • Lima destaca que “os fondos que se recaden serán para apoiar á fundación Debra e, sobre todo, para dar a coñecer unha enfermidade tan delicada e descoñecida.

 

  • O open terá as seguintes categorías: WRC, WRS, SNGT, SNR, SCL, N, CL, SND, INF, DONAS e infantil, rexidas todas elas polo regulamento autonómico galego.

 

  • O open benéfico está aberto á asistencia do público en xeral que poderá disfrutar dos percorridos dos pequenos vehículos ao longo de un itinerario moi atractivo.

 

  • Ao finalizar as probas farase entrega de premios, en torno ás 8 da tarde.

Deportes, Eventos, Novas

CONTENT.1728659661

SINGLE.1728659661