26/02/2020

OS DATOS ESTATÍSTICOS EVIDENCIA QUE BARBADÁS É UN CONCELLO SEGURO

OS DATOS ESTATÍSTICOS RELATIVOS Á SEGURIDADE NO MUNICIPIO DE BARBADÁS INDICAN QUE EXISTE UNHA LEVE MELLORÍA E PODEN CONSIDERARSE DE MENOR ENTIDADE EN COMPARACIÓN CON CONCELLOS CON UNHA POBOACIÓN SIMILAR.

Os actos vandálicos nas sepulturas do cemiterio xa están esclarecidos e o caso está en mans da Fiscalía

  • A xunta local de seguridade de Barbadás abordou hai uns días os actos vandálicos nas sepulturas da Valenzá. Dende a Comandancia da Garda Civil indicouse que o tema está resolto, levouse a cabo unha investigación dos autores, que son menores de idade, e a Fiscalía ten coñecemento dos feitos.

  • O Comandante da Garda Civil en Ourense, José Manuel Moral, explicou que cando ocurre un feito destas características prodúcese alarma social, pero que o esclarecemento dos feitos require un proceso e destacou o algo grado de colaboración para localizar aos autores.

  • Os datos estatísticos relativos á seguridade no municipio de Barbadás indican que existe unha leve melloría e poden considerarse de menor entidade en comparación con concellos con unha poboación similar.

  • A Comandancia da Garda Civil informou na xunta de seguridade que en cando a índices de delincuencia “é comparativamente moi favorable”.

  • A Garda Civil indicou tamén nesta xuntanza periódica que a nivel de seguridade cidadá o Concello de Barbadás é un obxectivo prioritario polo tipo de poboación.

  • Respecto dos delitos cibernéticos a tendencia é fluctuante porque se toma como referencia onde vive ou traballa a vítima.

  • Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, comentou que “este concello é realmente seguro, xa que se está a facer un traballo importante por parte da Garda Civil”. Explicou tamén que cando se produce un furto ou un roubo con violencia xerase un alarmismo, precisando que son froito de “delincuentes e bandas itinerantes que se dedican a controlar máquinas tragaperras e bares”, indicando que a Garda Civil leva a cabo un control rigoroso.

  • Na xunta local de seguridade tamén estivo un axente da policía local, un corpo que colabora intensamente coa garda civil no control da seguridade cidadá.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indica que “os datos facilitados pola garda civil e a policía local certifican e acreditan de xeito fehaciente que “Barbadás é un concello seguro e que a delincuencia está en niveis infereiores ó de España, Galicioa e a provincia de Ourense”.

  • Valcárcel destacou que “a efectividade na resolución de delitos é alta grazas ó esforzo, dedicación e colaboración entre a garda civil e a policía local”.

  • O rexedor incidiu en que nos últimos anos en Barbadás “baixan os índices de delincuencia e que a veciñanza pode ter a certeza de que se traballa para seguir nesa senda”.
  • Na última xunta local de seguridade estiveron tamén Manuel Prado, xefe territorial da Xunta en Ourense, Pedro Freire, axente da policía local, e Daniel Rey, responsable de Protección Civil en Barbadás. Tamén asistiron como ointes membros da oposición.

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1711635642

SINGLE.1711635642