19/04/2024

Os nenos e nenas de Barbadás pedalearon case 4 quilómetros en favor do medio ambiente e os hábitos saudables

Coincidindo co Día da Bici, os nenos e nenas de Barbadás pedalearon case 4 quilómetros polas rúas para reivindicar o uso deste medio de transporte, en favor do medio ambiente e dos hábitos saudables. Os alumnos e alumnas de sexto de Primaria dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato participaron nunha xornada de convivencia e deporte na que ademais recibiron nocións sobre seguridade viaria e o manexo das bicis por parte do director técnico da Escola de Ciclismo do Concello, Antonio Piñeiro, e a xefa da sección de seguridade viaria da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Estrella Garrido. Os escolares tamén estiveron acompañados polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a concelleira de Educación, Marga Pérez; o concelleiro de Deportes, Cristian Rodríguez; e o concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey.

Novas

CONTENT.1728684712

SINGLE.1728684712