04/07/2023
“Os xoves son cultura” – Programa cultural BARBADÁS’2023
Todos os xoves de xullo e agosto'2023 no Parque dos Patos
Un ano máis, co inicio da tempada estival, damos comezo ao programa cultural de verán Concello de Barbadás, denominado este ano “OS XOVES SON CULTURA”.
- Actividades teatrais, musicais, circenses, cómicas…. dirixidas a todos os públicos, que amenizarán o solpor de cada xoves, dos meses de xullo e agosto.
- As actuacións celebraranse no Parque dos Patos, na Valenzá, e comezarán ás 21:00 h.
- Se a metereoloxía fose adversa, poderanse desprazar ao patio do CEIP Filomena Dato ou ao auditorio da Casa da Cultura Manuel María.
- O programa cultural “OS XOVES SON CULTURA”, organizado pola Concellería de Cultura, conta coa colaboración da Concellería de Igualdade, a Escola de Música de Barbadás, a Rede de Auditorios de Ourense e a Agrupación de Protección Civil de Barbadás.