12/02/2025
Participa e Concursa no Desfile de Entroido 2025 de Barbadás
Inscricións ata o día 3 de marzo de 2025 ata ás 12:00 h. da mañá.

O Concello de Barbadás, co obxecto de fomentar, conservar, promocionar e ensalzar o tradicional Entroido, organiza e convoca o concurso do desfile de Entroido 2025, que se celebrará o martes, 4 de marzo.
Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.
- Categorías
Establecense as seguintes categorías:
Carrozas: mínimo 10 persoas (a mayoría dos integrantes teñen que ir subidos na carroza durante todo o percorrido).
Comparsas: mínimo 10 persoas (que tamén pode ir acompañada de vehículo ou elemento artístico, que será valorado polo xurado).
Parellas/Tríos
Individuais
- Inscrición e prazo
O prazo de presentación será dende o 12 de febreiro (día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, e ata o día 3 de marzo de 2025 ata ás 12:00 h. da mañá.
A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.
- Premios
Establécense os seguintes premios por categorías:
Carrozas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
Comparsas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
Parellas/Tríos: 1º Premio 300 €, 2º Premio 150 €, 3º Premio 100 €.
Individuais: 1º Premio 200 €.
- Axudas a asociacións
As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2025 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2024, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda de 300 €, ata completar a dispoñibilidade da partida orzamentaria destinada para esta finalidade, a adxudicación da axuda será establecida por riguroso orde de solicitude de inscrición.
Participa no desfile de Barbadás. Vive o Entroido de Barbadás!!