22/01/2026
Participa e Concursa no Desfile de Entroido 2026 de Barbadás
Inscricións ata o día 16 de febreiro 2026 ás 12:00 h.

O Concello de Barbadás, co obxecto de fomentar, conservar, promocionar e ensalzar o tradicional Entroido, organiza e convoca o concurso do desfile de Entroido 2026, que se celebrará o martes, 17 de febreiro.
Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.
CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
- Comparsas de 10 ou menos participantes.
- Comparsas de máis de 10 participantes.
INSCRICIÓN E PRAZO
O prazo de presentación estará habilitado ata o día 16 de febreiro de 2026 ás 12:00 h. da mañá.
A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.
PREMIOS
Establécense os seguintes premios por categorías:
- Comparsas de 10 ou menos participantes:
- 1º premio 550 €
- 2º Premio 450 €
- Comparsas de máis de 10 participantes:
- 1º premio 1.100 €
- 2º Premio 800 €
- 3º Premio 700 €
- 4º Premio 500 €
- 5º Premio 450 €
- 6º Premio 350 €
- 7º Premio 300 €
- 8º Premio 250 €
- Premios Especiais para comparsas non premiadas.
- Especial deseño: 250 €
- Especial animación: 250 €
AXUDAS A ASOCIACIÓNS
As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2026 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2024, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda de 300 €, ata completar a dispoñibilidade da partida orzamentaria destinada para esta finalidade, a adxudicación da axuda será establecida por riguroso orde de solicitude de inscrición.
Participa no desfile de Barbadás. Vive o Entroido de Barbadás!!
| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 22/01/2026 | Bases reguladoras do desfile de Entroido 2026 - Concello de Barbadás PDF [1 MB] |