18/01/2024

Participa e Concursa no Desfile de Entroido de Barbadás

Inscricións ata o día 12 de febreiro de 2024 antes das 12:00 h. da mañá.

Inscrición aberta, ata o 12 de febreiro, para participar no Desfile de Entroido de Barbadás 2024

O Concello de Barbadás, co obxecto de fomentar, conservar, promocionar e ensalzar o tradicional Entroido, organiza e convoca o concurso do desfile de Entroido 2024, que se celebrará o  martes,  13 de febreiro.

Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.

  • Categorías
    Establécense as seguintes categorías:
     Carrozas: mínimo 10 persoas (a maioría dos integrantes teñen que ir subidos na carroza durante todo o percorrido).
     Comparsas: mínimo 10 persoas (que tamén pode ir acompañada de vehículo ou elemento artístico, que será valorado polo xurado).
     Parellas/Tríos
     Individuais

 

 

  • Premios
    Establécense os seguintes premios por categorías:
     Carrozas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
     Comparsas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
     Parellas/Tríos: 1º Premio 300 €, 2º Premio 150 €, 3º Premio 100 €.
     Individuais: 1º Premio 200 €.

 

  •  Axudas a asociacións
    As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2024 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2023, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda de 300 €.

 

Vive o Entroido de Barbadás, participando no seu desfile!!

 

 

 

Data Adxuntos
18/01/2024 18012024-Publicación BOP - Bases desfile entroido Barbadás PDF [99 KB]

Cultura, Novas

CONTENT.1733907980

SINGLE.1733907980