21/05/2025

Participa na IV Foliada de Barbadás

Foliada Letras galegas
  • O parque dos Carrís acolle este sábado a IV Foliada de Barbadás
  • Haberá concertos de grupos tradicionais, xogos, obradoiros e degustación de porco ao espeto

A Concellería de Cultura organiza, en colaboración coa Asociación Moureán, a IV Foliada de Barbadás, que terá lugar no parque dos Carrís este sábado, día 24 de maio.

A celebración arrancará ás 12,00 horas, cun desfile polas principais vías da Valenzá das agrupacións do municipio Nova Fronteira e Banda de Música Cultural de Barbadás.

A partir das 13,00 horas haberá sesión vermú amenizada polas bandas tradicionais, ata ás 14,30 horas, que arranca o xantar popular con degustación de porco ao espeto. Non é necesario retirar tickets previamente para a comida, xa que haberá un posto da organización no que se poderán adquirir no momento.

Despois do xantar, ás 16,15 horas, comeza o obradoiro de danzas do mundo con Dantzari, e a partir das 17,30 horas haberá concertos dos grupos tradicionais Velai Vai, Cantares da Cunha, Escola Tradicional Nova Fronteira, Picafoles, Vagalumes e Pandereteiras de Seixalbo.

O prato forte será ás 21,00 horas, co concerto de Fiandola, seguido dunha foliada aberta a todo o público.

*Haberá xogos populares e sorteos durante toda a tarde

*O espazo contará co Punto Violeta

Eventos

CONTENT.1773641625

SINGLE.1773641625