24/01/2024

Participa no Concurso de Mecos de Entroido

Prazo de inscrición ata o día 2 de febreiro de 2024 antes das 12:00 h. da mañá.

2024-Entroido Barbadás - Concurso de mecos de entroido

O Concello de Barbadás, organiza e convoca o concurso de Mecos de Entroido 2024.

Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.

  • Forma e prazo de presentación
     O prazo de presentación será dende o  19 de enero (día  seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia) e ata o día 2 de febreiro de 2024 antes das  12:00 h. da mañá.
     A inscrición realizarase a través deste  formulario en liña
    No formulario de inscrición, estará dispoñible un campo para achegar a foto do meco   (unha única imaxe por inscrición que deberá realizarse nun punto xeográfico dentro do concello, onde o meco deberá estar exposto).

 

  • Votación popular telemática
    Habilítase  un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 2 de febreiro ao 12 de febreiro de 2024 ambos incluídos.

 

  •  Premios
    Establécense os seguintes premios:
     1º premio: 300 €.
     2º Premio: 200 €.
     3º Premio: 100 €.

 

Data Adxuntos
24/01/2024 18012024 - Publicación no BOP - Bases concurso Mecos PDF [82 KB]

Cultura, Novas

CONTENT.1713504041

SINGLE.1713504041