22/01/2026

Participa no Concurso de MECOS do Entroido 2026 de Barbadás

Inscrición, ata o día 6 de febreiro ás 12:00. Votación do 9 ao 16 de febreiro de 2026

2026-Banner-Barbadás-Concurso de Mecos

Con motivo da celebración do Entroido 2026, a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca o concurso de Mecos de Entroido 2026,  coa finalidade amosar os mecos que realizan os/as veciños/as, como unha das expresións máis tradicionais.

Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos.

 

Forma e prazo de presentación
  •  O prazo de presentación será  ata o día 6 de febreiro de 2026 ás 12:00 h. da mañá.
  •  A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.
    Na inscrición será preciso achegar unha foto do meco (unha única imaxe por inscrición). O meco  deberá estar exposto  nun punto xeográfico dentro do concello.
Votación popular telemática

Habilítase  un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente ao seu meco favorito, entre os días 9 de febreiro ao 16 de febreiro de 2026 (ata as 12:00h).

Premios

Establécense os seguintes premios:

  •  1º premio: 300 €.
  •  2º Premio: 200 €.
  •  3º Premio: 100 €.

Data Adxuntos
22/01/2026 Bases concurso de Mecos Entroido 2026 - Concello de Barbadás PDF [108 KB]

Eventos

CONTENT.1770879652

SINGLE.1770879652