08/02/2022

Participa no Desfile do Entroido de Barbadás

Prazo de inscricións do 8  ao 28 de Febreiro de 2022 (ata as 12:00 horas)

2022-Banner Desfile entroido do Concello de Barbadás

O desfile de Barbadás vén sendo dende hai varios anos, unha cita ineludible dentro do abano de eventos do entroido, que se celebran na xeografía da provincia de Ourense.

  • Neste ano 2022, o desfile terá lugar o martes, día 1 de marzo, co habitual percorrido pola Avenida de Celanova (A Valenzá),  que se iniciará ás 17 horas.
    Os participantes deberán estar unha hora antes no punto de encontro, na Rúa das Cuartas, próxima ao  Campo de Fútbol Municipal de Os Carrís (A Valenzá).

 

  • Segundo as bases reguladoras a este efecto,  poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc) que presenten a solicitude do 8  ao 28 de Febreiro de 2022 (ata as 12:00 horas), ambos incluídos.
  • A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.

Categorías

Establécense as seguintes categorías:

  • Carrozas: mínimo 10 persoas (a maioría dos integrantes teñen que ir subidos na carroza durante todo o percorrido).
  • Comparsas: mínimo 10 persoas.
  • Parellas/Tríos.
  • Individuais.

 

Premios
Establécense os seguintes premios por cada unha das categorías:

  • Carrozas:
    • 1º premio 1.000 €
    • 2º premio 750 €
    • 3º premio 550 €
    • 4º premio 300€.
  • Comparsas:
    • 1º premio 1.000 €
    • 2º premio 750 €
    • 3º premio 550 €
    • 4º premio 300 €.
  • Parellas/Tríos:
    • 1º premio 300 €
    • 2º premio 150 €
    • 3º premio 100 €.
  • Individuais:
    • 1º premio 200 €.

 

Xurado

  • O concurso terá un xurado composto por cinco persoas, representativas do ámbito cultural e asociativo do Concello. Estará presidido pola Concelleira de Cultura e actuará como secretario un/unha traballador/a da Casa da Cultura.

 

  • O xurado terá en conta á hora de valorar os/as participantes principalmente calidades que respondan ao espírito do entroido: a graza, a empatía co público, a sátira, a transgresión, a retranca,  animación musical, a creatividade e a elaboración do vestiario e do resto do atrezzo e o número de participantes.

 

Axudas a asociacións

  • As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2022 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2021, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda pola súa participación de 200 €.

 

Para máis información dirixirse a:
Casa da Cultura
Rúa San Bernabé ,37 32002 – A Valenzá – Barbadás.
Tlf: 988 246885
Enderezo electrónico: casacultura@barbadas.es

Data Adxuntos
08/02/2022 Bases de participación no desfile do Entroido Barbadás 2022 PDF [128 KB]

Cultura, Novas

CONTENT.1711629785

SINGLE.1711629785