Pensións Non Contributivas

Pensión Non Contributiva de Invalidez

Prestación económica individual de carácter periódico que cubre continxencias de invalidez       ou deficiencia e que asegura a tódalas persoas en situación de invalidez e en estado de    necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos   socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente  para acadar o dereito a unha pensión contributiva.

 

-Documentación

 – Solicitude

-Fotocopia compulsada do DNI e NIF do/a solicitante e demais membros da unidade  familiar

-Fotocopia compulsada do DNI e NIF, se procede, do representante legal e                        acreditación da representación legal.

-Libro de familia no caso de que houbera menores.

-Certificado de empadroamento e convivencia.

-Fotocopia do certificado de minusvalía ou informes médicos compulsados.

-Xustificantes de ingresos do/a solicitante e da unidade de convivencia: nóminas,   certificados das pensións, de prestacións de desemprego, fotocopia da declaración da  renda   ou certificación negativa, declaración xurada,etc.

 -No caso de persoas estranxeiras fotocopia do pasaporte ou tarxeta de residencia,    permiso ou outro xustificante tanto da residencia actual como dos períodos alegados.

 

-Normativa:

Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve en materia de  pensións non contributivas, a Lei 26/1990 do 20 de decembro (BOE nº 69, do 21/03/91).

-Real Decreto 118/1998, de 30 de xaneiro, polo que se modifica o R.D. 357/1991, de 15 de marzo, na comprobación dos requisitos para o dereito á Pensión non Contributiva do sistema da Seguridade Social ( BOE do 18/02/98)

-Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social. (BOE nº154, do 29/06/94).

Real Decreto 1734/1994, do 29 de xullo, polo que se adecúa a Lei 30/1992, do 26 de    novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ás normas reguladoras dos procedementos relativos ás  prestacións sociais e económicas para a integración social de minusválidos, as              prestacións non contributivas da Seguridade Social e as pensións asistenciais por º      ancianidade a favor de emigrantes españois. (BOE nº 183, do 02/08/94).

Lei 52/2003, de 10 de decembro, de disposicións específicas en materia de Seguridade Social. (BOE nº 296 de 11/12/2003).

Lei 8/2005, de 6 de xuño, para compatibilizar as pensións de invalidez na súa modalidade non contributiva co traballo remunerado

Disposición adicional decimosexta da Lei 39/2006, de 14 de decembro. de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 299 do 15/12/2006).

Real Decreto 615/2007, de 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12/05/2007).

Orde PRE/3113/2009, de 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, de 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, de 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación. (BOE nº 280 do20/11/2009)

Lei 36/2014, de 26 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015.(BOE nº 315 do 30/12/2014)

Real Decreto 1107/2014, de 26 de decembro, sobre revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2015. (BOE nº 316 do 31/12/2014).

 

Pensión Non Contributiva de Xubilación

 

Prestación económica individual de carácter periódico que asegura a tódalas persoas en situación de xubilación e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña      cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión  contributiva.

 

 -Documentación:

Solicitude

Fotocopia compulsada do DNI do/a interesado/a e do seu representante se é o caso.

-No caso de persoas estranxeiras fotocopia compulsada do pasaporte e da tarxeta ,  permiso ou xustificante de residencia en España referente tanto á residencia actual  como ós períodos que se alegan.

-Certificado dos diferentes patróns municipais de residencia ou, no seu defecto, informe do concello.

-Libro de Familia se é o caso.

-Xustificante de ingresos da unidade familiar.

 

 

-Normativa:

 Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve en materia de            pensións non contributivas, a Lei 26/1990 do 20 de decembro, pola que se establecen   na Seguridade Social prestacións non contributivas (BOE nº 69, do 21/03/91)

 –Real Decreto 118/1998, de 30 de xaneiro, polo que se modifica o R.D. 357/1991, de  15 de marzo, na comprobación dos requisitos para o dereito á Pensión non  Contributiva do sistema da Seguridade Social ( BOE do 18/02/98)

Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social. (BOE nº154, do 29/06/94).

Real Decreto 1734/1994, do 29 de xullo, polo que se adecúa a Lei 30/1992, do 26 de   novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento  Administrativo Común, ás normas reguladoras dos procedementos relativos ás  prestacións sociais e económicas para a integración social de minusválidos, as  prestacións non contributivas da Seguridade Social e as pensións asistenciais por

ancianidade a favor de emigrantes españois.(BOE nº 183, do 2/08/94).

Disposición adicional decimosexta da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de  Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia  (BOE nº 299 do 15/12/2006)

Real Decreto 615/2007, de 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos  coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12/05/2007) O punto 1 da disposición final 2ª modifica o apartado 4 do art. 12 do Real Decreto 357/1991, de 15 de marzo: non se computan como rendas ou ingresos os as  prestacións económicas e en especie da Lei de Dependencia.

Orde PRE/3113/2009, de 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, de 15 de marzo, polo que se  desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, de 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non  contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación. (BOE nº 280  do 20/11/2009)

Lei 36/2014, de 26 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015.  (BOE nº 315 do 30/12/2014)

Real Decreto 1107/2014, de 26 de decembro, sobre revalorización das pensións do  sistema da Seguridade Social e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio  2015. (BOE nº 316 do 31/12/2014) |