04/01/2021

Percorrido dos Reis Magos para saudar aos nenos e nenas de Barbadás o 5 de xaneiro

As Súas Maxestades realizarán 27 paradas en diferentes puntos do concello

Tarde de Reis ano2020

OS REIS MAGOS PERCORRERÁN O DÍA 5 DE XANEIRO O MUNICIPIO DE BARBADÁS PARA SAUDAR A NENOS E NENAS

As Súas Maxestades realizarán 27 paradas en diferentes puntos do concello

  • A comitiva dos Reis Magos partirá de Santa Uxía ás 16,00 horas e rematará, segundo as previsións, en Pontón ás 20,50 horas.
  • Un total de 6 vehículos formarán parte desta comitiva composta por coches de Policía Local, Protección Civil e un vehículo municipal.
  • Melchor, Gaspar e Baltasar viaxarán en vehículos diferentes, acompañados dos seus paxes, que tamén irán noutro vehículo.
  • As Súas Maxestades baixaranse dos vehículos en cada unha das 27 paradas para saúdar a nenos e nenas que se atopen agardando.
  • Por motivos de protocolo anti-covid aconséllase á veciñanza que se distribúa nas diferentes paradas para evitar aglomeracións, independentemente do lugar no que residan.
  • En todo momento respectaranse as medidas covid, tanto no referente ás distancias como na entrega de caramelos embolsados.
  • As paradas serán as seguintes:
    • Santa Uxía- 16,00 horas;
    • Pista de San Benito (Piñor)- 16,15h;
    • Praza do Piñeiro (Piñor)- 16,20h;
    • Campo de Roma (Piñor)- 16,25h;
    • Cruce Panadería (Piñor)- 16,30h;
    • Campo de fútbol de Parada (xunto marquesiña)- 16,45h;
    • Campo da festa de Parada- 16,50h;
    • Bar de Parada- 16,55;
    • Bar Finca Fierro- 17,15h;
    • Parque da Fonte (Finca Fierro)- 17,20;
    • Principio da rúa Milladoiro- 17,25;
    • Aira do Fonsillón- 17,40;
    • Zona Agronieto (A Valenzá- 17,55h;
    • Antigo centro médico (A Valenzá)- 18,05;
    • Rotonda da Familia- 18,15h;
    • Parque da Solaina- 18,30h;
    • Praza das Lamas- 18,45h;
    • Cruce do Camiño de Ourense (Barbadás)- 19,00h;
    • Parque da Casa do Concello (Barbadás)- 19,10;
    • Praza de San Xoán (Sobrado)- 19,30h;
    • Parque Fidalguiño- 17,40h:
    • Acha do Souto- 19,50h;
    • Antigo Teleclube de Bentraces- 20,00;
    • Igrexa de Bentraces- 20,10;
    • Praza do Camiño (Loiro)- 20,25h;
    • Praza central de Loiro- 20,35; Pontón- 20,50.
  • Todos estes horarios poderán ser modificados en función do número de persoas que asistan en cada parada a saudar aos Reis Magos.

Novas

CONTENT.1713505615

SINGLE.1713505615