O espazo “Piñor, lugar literario” pretende ser un repaso da vida e obra de Carmen Martín Gaite, escritora que pasou varios períodos da súa vida na localidade de San Lourenzo de Piñor. Aquí atoparás as diferentes actividades e iniciativas promovidas polo Concello de Barbadás para poñer en valor a obra e historia da autora.
Coñece á escritora Carmen Martín Gaite
Martín Gaite deixou reflectida a súa especial relación con San Lourenzo de Piñor en varios dos seus textos. O escritor David González Couso, estudoso da autora, recolle este estreito vínculo en varias publicacións, no seu blog “Alas de libélula” e no site “El lugar de Carmen Martín Gaite”.
PUBLICACIÓNS |
BARBADÁS – SALAMANCA |
|
|






















