03/05/2023

Piñor, o lugar que inspirou a Martín Gaite, eríxese en epicentro do seu universo

O I Paseo Literario Carmen Martín Gaite en Piñor, celebrado este sábado, foi un rotundo éxito, coa participación de máis de cen persoas.  A inciativa colocou a Piñor no epicentro da obra da escritora e nun lugar relevante para a cultura española.

O obxectivo deste evento é erixir a Piñor como a capital do universo vital e literario de Carmen Martín Gaite, unha das plumas máis recoñecidas en lingua española e, ao mesmo tempo, máis descoñecida en Ourense, a pesar dos seus estreitos vínculos con Piñor.

O percorrido, no que se fixeron paradas para ler fragmentos da obra de Carmen Martín Gaite, foi conducido polo escritor e erudito na obra da escritora, David González Couso. Os participantes puideron coñecer os lugares que inspiraron Martín Gaite, mentres gozaban do aire libre e a natureza na fermosa zona de Piñor durante 4 horas.

O evento contou coa participación de nomes relevantes da cultura de Barbadás e de Ourense e a alta participación mostra o interese por este tipo de actividades culturais e o compromiso coa preservación do legado de Carmen Martín Gaite.

Está é a primeira parte dun ambicioso proxecto que inclue actuación nos ámbitos culturais, medioambientais e urbanísticos, todos eles xirando en torno ao universo literario de Carmen Martín Gaite.

Cultura, Novas, , , ,

CONTENT.1711721123

SINGLE.1711721123