17/06/2025

Piscinas municipais, apertura por tempada de verán

ata o 15 de setembro de 2025

2025-Banner-Barbadás-piscinas municipais
As  piscinas municipais de Barbadás abren as súas portas, dende o 15 de xuño ata 15 de setembro,  para goce durante a  tempada estival.
Estarán dispoñibles en horario  de 11:00 a 21:00 h., todos os días da semana.
Tarifas:
  •  Bono Adulto Tempada : 30 euros.
  •  Bono Infantil* Tempada :  15 euros.
  •  Bono  Familiar Tempada : 60 euros.
  •  Entrada Adulto Diaria : 2 euro.
  •  Entrada Infantil* Diaria : 1 euro.
* Tarifa infantil aplicable a nados no ano 2010 e seguintes.
Compra de entradas e abonos

 As persoas empadroadas no Concello de Barbadás, poderán adquirir a entrada e o abono das piscinas  premendo neste enlace

Achégate ás piscinas municipais para refrescarche, relaxarche e gozar do mellor ambiente este verán!

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1763244386

SINGLE.1763244386