27/07/2020

Píscore no Programa de Verán

Continúa avanzando o Programa de Verán do Concello, neste ocasión contamos co Grupo PÍSCORE que nos presenta o espectáculo “Concerto Con Fusión”, será o xoves 30 de Xullo ás 21h., no Parque dos Patos (A Valenzá)

Sinopse:

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Público: Todos os públicos / 55 min. / Tipo espectáculo: Familiar

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713906545

SINGLE.1713906545