28/11/2020
Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible do Concello de Barbadás
A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU EN UN PLENO EXTRAORDINARIO O PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE DO CONCELLO DE BARBADÁS
- A Corporación Municipal de Barbadás aprobou por unanimidade o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Barbadás en un pleno extraordinario telemático celebrado o día 25 de novembro.
- o Plan está enmarcado no Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía, asinado polo Concello de Barbadás en abril de 2019.
- Trátase de unha iniciativa das Autoridades Locais de toda Europa a prol das cidades descarbonizadas e resilintes.
- O obxectivo é levar a cabo iniciativas en todos os ámbitos para acceder a unha enerxía sostible, segura e asequible.
- O PACES é unha folla de ruta para acadar ata o ano 2020 unha redución de emisión de CO2 á atmosfera de un 40,3 %.
- O plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible engloba unha serie de 28 medidas que afectan a diversos ámbitos para, precisamente, conseguir a redución de CO2.
- Estas medidas afectan á flota de vehículos municipais, ao transporte público e privado, ás augas residuais, a residuos sólidos urbanos e á avaliación de riscos ante incendios, seca, precipitacións extremas ou inundacións, entre outras.
- Os fondos que proveñan da Unión Europea para a reducción da produción de carbono canalizaranse a través do Pacto de Alcaldes.
- O Concello de Barbadás actuará de difusor e informador a cidadanía, empresarios/as para contribuír a levar a cabo as reducións de CO2.
- O investimento fixado no PACES ascende a 100 millóns de euros, distribuidos entre aportación municipal, de outras entidades públicas rexionais, de entidades públicas nacionais, de fondos europeos e de aportación privada.
- Está estimada unha aportación municipal de 2.427.724 euros, en tanto que as entidades rexionais poderían aportar 94772€.
- Está prevista no plan unha aportación de fondos europeos por valor aproximado de 21.982.442 euros e unha aportación de particulares, empresas, empresarios, proveedores, etc de 69.286.210 euros.
- As aportacións de entidades nacionais previstas no PACES para Barbadás ascende a 4.612.006 euros.
- Enumeración das 28 accións recollidas no plan:
– Implantación de sistemas de iluminación LED no alumado público municipal.
– Mellora no sistema de acendido no alumeado público.
– Mellora da envolvente dos edificios municipais.
– Implantación de sistemas de climatización de alta eficiencia enerxética nos edificios municipais.
-Implantación de sistemas de produción de ACS (Auga Quente Sanitaria) mediante paneis solares en instalacións deportivas.
– Implantación de sistemas de iluminación de alta eficiencia enerxética nos edificios municipais.
– Implantación de sistemas de alta eficiencia enerxética en instalacións de bombeo.
– Implantación de sistemas de produción de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo en edificios municipais.
– Implantación de sistemas de monitorización e telemedida dos consumos enerxéticos municipais.
– Formación do persoal municipal en consumo responsable en edificios e instalacións.
– Mellora da envolvente dos edificios residenciais.
– Implantación de sistemas de climatización de alta eficiciencia enerxética en edificios residenciais.
– Implantación de sistemas de iluminación de alta eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais.
– Implantación de sistemas de producción de calefacción e auga quente sanitaria mediante paneis solares en vivendas e edificios residenciais.
– Implantación de uso de electrodomésticos de alta eficiencia e domótica enerxética en vivendas e edificios residenciais.
– Implantación de sistemas de produción de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo en vivendas e edificios residenciais.
– Realización de eventos de difusión de recomendacións para a reducción do consumo enerxético no fogar.
– Renovación da flota de vehículos municipais mediante a adquisición de de vehículos propulsados por combustibles fósiles con maior eficiencia enerxética que os actuais.
– Renovación da flota de vehículos municipais mediante a adquisición de vehículos eléctricos e híbridos.
– Formación do persoal municipal en condución eficiente.
– Emprego de vehículos con alta eficiencia enerxética en transporte público interurbano en autobús.
– Adaptación ao emprego de transporte público baixo demanda nas áreas pouco poboadas.
– Formación dos operarios de servizos públicos de transporte na condución eficiente.
– Desenrolo de un Plan de Mobilidade Urbana Sostible.
– Renovación dos vehículos de uso privado mediante a adquisición de vehículos propulsados por combustibles fósiles con maior eficiencia enerxética que os actuais.
– Renovación dos vehículos de uso privado mediante a adquisición de vehículos eléctricos e híbridos.
– Formación dos habitantes do municipio en condución eficiente.
– Compostaxe “in situ”.
Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas, Transporte