18/04/2022

Plan de Recuperación para accións de formación e cualificación profesional

Estas axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional van dirixidas tanto a empresas como a organizacións ou consorcios empresariais e tamén a entidades sen ánimo de lucro.

Poderán beneficiarse destas axudas tanto persoas empregadas como persoas en búsqueda de emprego.

Terá preferencia a formación en sectores estratéxicos e emerxentes como o coidado das persoas, o turismo, as tecnoloxías da información e a biofarmacia e productos médicos avanzados, entre outros.

Serán subvencionadas accións formativas con un mínimo de 30 horas e un máximo de 60 horas de duración, así como procesos de acreditación de competencias profesionais adquiridas pola vía profesional ou formación non regrada.

Esta convocatoria conta con un orzamento de 24,5 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e ten como obxectivo “impulsar a formación das persoas traballadoras e  a acreditación das súas competencias para mellorar así a súa empleabilidade”

O prazo de solicitudes para esta convocatoria remata o día 22 de abril.

Novas, Promoción económica

16/11/2026

Programa de axudas municipais á creación de empresas 2026

12/11/2026

Éxito de inscricións na II Carreira Popular da Valenzá cun 50% máis de participantes

11/11/2026

Barbadás, moi preto de ti!

Barbadás - App incidencias

Descarga gratuitamente a aplicación Concello de Barbadás en Google Play (Android) ou App Store (iOS).

CONTENT.1794859303

SINGLE.1794859303