10/02/2021
Plan formativo 2021 – CAMPUS VIRTUAL

O Concello de Barbadás pon en marcha novamente o campus virtual de teleformación:
campus.barbadas.gal
- A plataforma estará dispoñible dende o 1 de marzo de 2021 e deica o 30 de novembro de 2021.
- Poderase acceder a un máximo de 3 accións formativas por participante.
- O requisito previo para poder acceder á formación é estar empadroado/a no Concello de Barbadás.
- As prazas son limitadas e a adxudicación será por orde de inscrición.
- O prazo de inscrición é dende o 10 ata o 19 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
- As inscricións faranse cubrindo a ficha de inscrición e a declaración responsable e enviandoas ao enderezo electrónico : cet@barbadas.es
Para máis información contactar co Centro empresarial transfronteirizo de Barbadás no teléfono 988 360 413 ou por correo electrónico cet@barbadas.es
Data | Adxuntos |
---|---|
10/02/2021 | Declaración responsable PDF [268 KB] |
10/02/2021 | Ficha inscrición campus virtual 2021 PDF [425 KB] |
10/02/2021 | Datas cursos campus virtual 2021 PDF [618 KB] |